24 de outubro de 2017

Comenza nova andaina o Club de Lectura MIMI.

Celebramos hoxe, Día da Biblioteca Escolar, a primeira reunión deste curso no Club de Lectura MIMI. E comezamos con moita ilusión escollendo para este mes o libro "Unha pantasma blanca" de Fina Casalderrey.
Un grupiño pequeno pero xeitoso; con moitas ganas de ler, como dixeron Nerea, Bea e Adriana; con ilusión según contou África, porque "mi madre me dijo que en un club de lectura voy a pasarlo bien y a aprender muchas cosas"; aínda que tamén algunhas confesaron sentir unha pouca vergoña e certa timidez como Yadire, Andrea ou Lorena.
Por outra banda a nosa mascota estaba feliz de recibir hoxe a visita de toda a rapazada do cole para dar inicio a este curso na biblioteca. 
O equipo de axudantes máis as profes estiveron traballando un montón para que todo estivese a punto. Pronto veredes un resumo das actividades desta semana.
Un saúdo,
MIMI.

1 comentario:

  1. Encántame esta iniciativa. Que bonito sería que visitaran as aulas dos máis pequenos e lles contaran algún contiño, penso que elas se sentirían moi contentas con esa experiencia. A ver se conseguides atraer a máis alumnado do bando masculino. :) MOITA SORTE CON ESTE PROXECTO!

    ResponderEliminar