
O dúo interpretou temas do seu libro-CD `Cantigueiro de Cotobade´, composto a partir das cantigas recollidas por Antonio Fraguas, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019.
O concerto, organizado polo noso Concello e promovido polo departamento de Lingua e Cultura da Deputación de Pontevedra, desenvolveuse en dúas sesións adaptadas ás idades das nosas crianzas, que deron así unha animada benvida ao novo curso escolar.
Moitísimas grazas!
Feliz curso 2019-20!