3 de abril de 2020

O PIRATA VALENTE

Hoxe achegamos unha proposta ... de piratas! Premede na imaxe ou ao enlace para acceder ao contacontos, ten sorpresa!

http://www.kalandraka.tv/gl/video/opirata


PROPOSTA DE ACTIVIDADES:
  1. Brais, o noso protagonista, é un pirata valente. Pensa que personaxe che gustaría ser para xogar ás aventuras?  Se queres podes debuxalo.
  2.  Debuxa ou constrúe un barco pirata, podes construilo con cartón e coa axuda dun maior. Inventa unha historia “terrible” de piratas!!
  3.  Coa axuda dun maior podes elaborar os complementos do disfraz de pirata, e pasar unha tarde divertida xogando a piratas.
  4.  O conto comeza dicindo:“O pirata Brais é tan feroz
    Que ninguén se atreve a levantarlle a voz.”
    Pero…. de verdade é tan feroz?  Que outras cualidades ten Brais?
  5.  O vídeo do conto consta de dúas partes, o conto contado en galego e o mesmo conto contado en catalán. Sabes que linguas oficiais hai en España?
Un saúdo  
#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario