7 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2021

Hoxe, 7 de abril, é o Día Mundial da Saúde. Con tal motivo, inauguramos no colexio a exposición Debuxos Saudables  conformada por todos os debuxos do alumnado de 2º de Primaria, participante no IV Certame convocado polos Concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, no marco do proxecto de Prevención de Condutas Aditivas no eido local.

O alcalde, Xosé Manuel F. Abraldes e Julia Búa, psicóloga responsable do proxecto, estiveron na nosa Biblioteca para felicitar a todo o alumnado de 2º pola súa magnífica participación e facer entrega dos dípticos co manifesto a favor dunha vida saudable máis uns fermosos libros para os fondos da nosa Biblioteca.

Moitísimos Parabéns a Iker Martín Gómez Pérez, Iria Maquieira Magariños e Daniela García Cochón, por acadaren o 1º, 2º e 3º premio respectivamente. O debuxo de Iker ilustra o manifesto deste ano.

Por un mundo máis xusto e saudable!



Ningún comentario:

Publicar un comentario