16 de xuño de 2021

CONTOS PREMIADOS DE INFANTIL

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, visitou hoxe a Biblioteca do noso centro para facer entrega duns lotes de libros as aulas de 4º e 5º de Infantil como premio pola súa marabillosa participación no concurso "AS VERBAS QUE CONTAN" convocado polo Concello de Barro. As nenas e nenos recibiron, ademais, exemplares encadernados dos fermosos contos que crearon para o concurso.

Quedaron a mar de felices!!!

E que pouquiño durou o envoltorio das caixas!!!


Moitísimas grazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario