13 de maio de 2025

PROXECTO INTERCENTROS: "AS NOSAS CANTIGAS"

Nesta semana das Letras Galegas 2025, adicadas ás "Cantareiras e á poesía popular oral", queremos compartir con vós o resultado do traballo realizado sobre a procura de "As nosas cantigas", un proxecto no que participamos 21 centros educativos de toda Galicia. Aínda que botou a andar hai uns meses, por fin podemos compartilo con todas e todos vós!


Abaixo podedes acceder ao documento e gozar coas diferentes aportacións dos máis de dous mil nenos e nenas que, xunto coas súas familias, veciñanza e amizades, fixeron este traballo de memoria tan especial. A finalidade: recordar aquelas cantigas, ditos, refráns, xogos de botar a sortes, cancións... que lles cantaban e contaban as súas nais, avoas e bisavoas, co obxectivo de manter viva a nosa tradición oral e darlle unha homenaxe ás nosas cantareiras. 


Agradamos que vos guste e moitas grazas por participar! 

Feliz semana das Letras Galegas 2025!

Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario