Con motivo do PDI deste curso "NovenArte-BD", o Día da Paz e da Non Violencia e o Día da Ilustración (30 de xaneiro) centráronse na creación de murais colaborativos a modo de viñetas nas que o alumnado reflexionou sobre a situación que está a vivir o noso planeta.
A través de dúas tiras de Mafalda, iniciouse a reflexión acerca do que lle ocorre e cales son os problemas que está "a sufrir", o que supuxo reflexionar sobre o significado da non violencia, a empatía, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo, a tolerancia...
Como non podía ser doutro xeito, as nenas e os nenos do CEIP Amor Ruibal propuxeron fermosas mensaxes e bos desexos que van facer deste, un mundo moito mellor!
Aquí tedes o resultado do traballo realizado de maneira conxunta por todo o alumnado do centro 😍

Ningún comentario:
Publicar un comentario