Un ano máis, o Concello de Barro convoca, a través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso de creación literaria "AS VERBAS QUE CONTAN" no marco da conmemoración das Letras Galegas.
- Prosa (conto ou microrrelato)
- Verso (acróstico, caligrama, haiku ou poema de formato libre).
Recordade que todos os traballos deben ser orixinais, inéditos e en Lingua Galega. Deben seguir as condicións específicas segundo idade e categoría.
A forma de entrega e identificación consiste en:
- Soportes dispoñibles na OMIX e nos centros educativos.
- Identificación segundo o tipo de obra e iniciais da persoa autora (ademais do curso e nº de orde).
Presentación de traballos:
- Podedes participar presentando na Biblioteca do CEIP Amor Ruibal, un conto e/ou poema con data límite o luns 4 de maio de 2026.
- Máis información e bases completas na sede electrónica do Concello de Barro (apartado de anuncios):https://barro.sedelectronica.gal/preview-document/c5133836-fd1f-4dd2-92c0-7c34e6b08edc/
📕Animádevos a participar! 📕

Ningún comentario:
Publicar un comentario