Este luns, o alumnado do CEIP Amor Ruibal participou nunha actividade, organizada pola Biblioteca Pública e o Concello de Barro, na que puideron descubrir fenómenos sorprendentes dun xeito práctico e participativo. Durante a sesión, observaron reaccións químicas, mesturas de substancias e experimentos relacionados coa presión, a aerodinámica... Cada demostración estivo acompañada de explicacións adaptadas á súa idade, favorecendo a comprensión dos conceptos científicos e espertando o seu interese por coñecer mellor o mundo que os rodea.
Sen dúbida, foi unha xornada moi enriquecedora que nos deixa con moitas ganas de seguir explorando e aprendendo. Graciñas á OMIX e ao Concello de Barro pola iniciativa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario