28 de outubro de 2026

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA 2026

Con motivo do Día das Bibliotecas, todo o alumnado do cole visitamos a Biblioteca Pública de Barro. Alí nos agardaban os avós e as avoas de Barro para contarnos preciosas historias de vida e descubrindo que as historias non só viven nos libros, senón tamén nas persoas e nas súas experiencias.

Ademais, os e as maiores do cole aproveitamos esta fermosa experiencia para facerlles preguntas sobre a súa infancia, as súas rutinas, os xogos aos que xogaban...

 

 

📚 Grazas aos nosos avós e ás nosas avoas por regalarnos o seu tempo, as súas palabras e unha chea de momentos especiais. Agardámosvos de novo na biblioteca! ❤️

Ningún comentario:

Publicar un comentario