5 de febreiro de 2016

VIII Concurso Microtextos Terras do Umia"

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o VIII Concurso de Microtextos neste curso 2015/16.
Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora "Terras do Umia" dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Cartaz elaborado por unha alumna do CPI Domingo Fontán de Portas

Bases do concurso :
  • Sección de Microcreación (só para Educación Infantil): Presentarase unha creación que poida combinar imaxe (debuxo) e palabra ou texto en galego. Poderase crear unha historia para toda a clase ou pezas soltas (liberdade de enfoque) en formato A4.
  • Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
  • Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro escritos en galego.
1. Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
2. A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra "devagar".
3. Os traballos deberán ser entregados na biblioteca do centro ou á coordinadora do EDLG.
4. No texto presentado debe constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así como a categoría á que pertence.
5. O prazo límite para entregar os textos será o 22 de febreiro de 2016.
6. Cada centro escollerá dous finalistas por categoría e presentará os textos “corrixidos”, ordenados por categorías, con letra Arial, tamaño 12, interliñado 1.5, poñendo ao final de cada texto o nome da persoa participante, curso e centro escolar.

Categorías:
A:   Infantil (microcreación)
B. 1:     1º ciclo de primaria.
B. 2:     2º ciclo de primaria.
B. 3:     3º ciclo de primaria.
C:      Secundaria.
D:    Bacharelato.
E:      Profesorado, persoal non docente e familias.


Premios: 
Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus finalistas. 
Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría (en E. Infantil "Diploma" participativo a cada grupo). 
 Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria. 

Animádevos a participar !!
Un saúdo,
MIMI.  
 

23 de xaneiro de 2016

UN BICHO RARO

UN BICHO RARO  é o título do libro escollido este curso para dar inicio ao noso proxecto "MENUDA BICHERÍA". 
O alumnado voluntario da biblioteca preparou este contacontos que lle levou un pouquiño máis de tempo do esperado, pero todos finalmente puidemos disfrutar coa representación que del nos fixeron. 


Deixamos uns collages fotográficos que resumen estas xornadas.


Unha morea de personaxes para dar a coñecer esta historia que fala de aceptación do diferente, de axuda aos demais,... que contaron en diferentes días para todo o centro.









Na hora de ler e durante toda a semana nenos e nenas de diferentes grupos  baixaron á biblioteca do cole para mirar e escoitar este esperado contacontos.
Todos e todas gozaron con este "bicho raro"






Un saúdo,
MIMI.

21 de decembro de 2015

As nosas recomendacións.

Aínda que con certo retraso, aquí chegan as recomendacións lectoras para este Nadal.
Pasádeo ben lendo.





Un saúdo.
MIMI.

20 de decembro de 2015

Resolto o concurso de postais de Nadal.

O pasado mércores día 16 o xurado do Concurso de Postais convocado polo Concello reuníuse e resolveu como gañadoras nas categorías que competen ao noso alumnado ás seguintes:



Uxía García Rey
2º curso Primaria



Martín Crespo Ortigueira
3º curso Primaria





Alba Besada Louzán
5º curso Primaria












As postais gañadoras recibirán o seu premio o día 5 de Xaneiro, na Cabalgata de Reis celebrada en Barro. Todas as postais presentadas ao concurso estarán expostas durante estas festas no Pazo da Crega.
Se queredes acceder á información desde a web do concello accedede ao seguinte enlace:
Concello de barro / OMIX / premios y concursos. 

Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa participación!

Un saúdo.
MIMI. 

30 de novembro de 2015

A D. XOSÉ NEIRA VILAS.

 A D. XOSÉ NEIRA VILAS
IN MEMÓRIAM


Grazas, D. Xosé, por vir
o pasado día oito de abril.
Aquel si que foi un día especial:
Recibir no cole a un galego universal!

Que honra! Que emoción!
Dedicámoste ledos unha canción.

Delicado de saúde andabas
mais incansable preguntabas:
Gústavos ler? Gústavos xogar?
Ai! Con eses teus ollos de amigar.

Que honra! Que emoción!
Palpitaba forte o noso corazón.

O colexio infatigable percorriches
regalando a todos parabéns,
polos traballos feitos de espantallos
e doutros libros tamén.

Que honra! Que emoción!
Admirando todos a túa condición.

Sementaches pronto en nós
simpatía e amizade
sen esquecer, por suposto que non!
o teu exemplo de modestia e xenerosidade.

Que honra! Que emoción!
Compartir o teu tempo con nós.

Grazas, D. Xosé, por vir
aquel día oito de abril.
Grazas, D. Xosé, grazas mil,
moitas grazas por escribir.

Que honra! Que emoción!
Por sempre, no noso corazón.
Lectura da dedicatoria que nos deixou no libro de visitas.
Dedicatoria de D. Xesé Neira Vilas.



A continuación quedan os enlaces aos blogs do noso centro onde quedou recollida documentación do proxecto e a visita tan entrañable que recibimos o pasado mes de Abril.






BLOG DA BIBLIOTECA

LIBRO "Amigos"

BLOG 3º CICLO

BLOG 2º CICLO

BLOG 1º CICLO

BLOG INFANTIL "Pequecholandia"

Un saúdo.
MIMI.

25 de novembro de 2015

Concurso de Postais de Nadal, 2015

http://www.barro.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=551&solo_caja=2545Un ano máis o Concello de Barro acaba de convocar o seu Concurso de Postais de Nadal a través da OMIX e Biblioteca Pública Municipal. O concurso vai dirixido aos veciños e veciñas de Barro - pequenos e maiores.

Premendo na imaxe do cartel enlazades coa súa páxina web e podedes acceder directamente ao cartel e ás bases do Concurso.

Na Biblioteca do cole recolleremos tamén postais para o concurso con data tope do 14 de Decembro, luns.

Sabedes que a gañadora aparecerá tamén no boletín de lecturas da biblioteca.
Mans á obra e ... Animádevos a participar !!  

Un saúdo.
MIMI.
 

22 de novembro de 2015

Novembro, mes da tradición oral. "IDENTIDADES"


Xustificación do proxecto

 "IDENTIDADES" é o nome do proxecto que con motivo da Semana da Tradición Oral puxo en marcha e dirixe a Biblioteca Pública e no que estamos colaborando xunto co IES de Barro.
Este proxecto trata de recopilar e plasmar nun mapa dun xeito gráfico e textual a localización de parcelas, camiños, ou zonas que non están todavía nos mapas pero que os nosos maiores coñecen e poden contar e trasmitir.
 Se premedes na imaxe superior, accederedes á paxina web.
Sheila e Begoña, monitoras da Biblioteca Pública e responsables do proxecto, viñeron á biblioteca do cole o pasado venres para amosarnos como se está desenvolvendo o proxecto, amosarnos a web e tamén como podemos colaborar.


Na pestana de "INICIO" desta web podemos explorar no mapa e buscar entre as "chinchetas" o nome das distintas parcelas que van introducindo na aplicación e van localizando.
Aparecen tamén en distinta cores aportacións de cursos anteriores coas recopilacións de refráns, ditos, contos ...
Na pestana "COLABORA" ofrece a posibilidade de cubrir direcatmente os datos nunha ficha coa nosa aportación. 
Sheila díxonos que o número da Referencia Catastral que nos piden, só se usa para poder localizar as parcelas no mapa. Non ten uso máis alá que para este fin.

Amosamos algunhas fotografías tomadas durante a súa visita.













Foi moi interesante!    Grazas Sheila!    Grazas Begoña!
E a todos/as  veciños e veciñas de Barro,...    Animádevos a colaborar!!

Un saúdo.
MIMI.

Celebramos o Magosto

Os maiores do cole, alumnos de 6º curso, adoitan axudar aos máis pequenos na preparación desta celebración. Este ano non podía ser menos e fixeron uns obradoiros para ensinar a canción e o baile así como a elaboración de cucuruchos. Premede no enlace a continuación para ver como o reflexaron eles no blog do 3º ciclo:

E chegou o gran día...!!
O pasado venres día 13 celebramos tal como anunciaban os carteis "O noso Magosto".
Organizamos a mañá para poder desenvolver distintos xogos repartidos por distintos lugares do centro e patios, cantar e bailar a cantiga todos xuntos e comer as castañas que ao longo da mañá asaron nas súas locomotoras para todos e todas nós as familias de Ángel, Tiffany, Melody e Wendy.
Estaban boísimas!!  Grazas!!
Queremos amosar os videos que preparamos coa celebración en Infantil e en Primaria.
Por cuestións organizativas só coincidimos xuntos no momento da canción, pero foi unha mañá emocionante para todos e todas nós.
Pasámolo fenomenal!!







Un saúdo.
MIMI.

11 de novembro de 2015

Xa temos carteis gañadores!!!

O Concurso de carteis do Magosto xa ten gañadores!
En primeiro lugar, queremos decir:
Grazas a todos e todas os participantes no concurso polos vosos traballos!!
Tras unha primeira selección, un cartel de cada unha das aulas do centro quedou finalista. Unha escolma de carteis que deu en reñida votación para elexir aos tres gañadores do centro.
Decimos reñida certamente, porque os tres conseguiron o mesmo número de votos. Un empate triple para o primeiro lugar.
A continuación amosamos un video que amosa os carteis seleccionados como finalistas así como os gañadores.
A NOSA NORABOA!!
Un saúdo.
MIMI.

3 de novembro de 2015

Chega o magosto !!

Xa ven aí o magosto e trae novidades.
Mirade, lede ben  o que vos digo !!