26 de marzo de 2020

COELLIÑO BRANCO

Podedes escoitar esta versión do conto e tamén facer as actividades que propón sobre a historia a mestra Belén Junquera neste Libro LIM.
(Se vos da erro igual necesitades descargar Adobe flash no teu ordenador,  Preme aqui para descarga.)

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/coellinho2/coellinho.html

Tamén podedes escoitar e cantar a canción deste popular conto.




Como escoitastes, este é un conto que ten partes rimadas e que dá xeito para botar unhas risas polo tipo de linguaxe que usa.  Algunhas propostas poden ser:
  • Xogamos a inventarlles nomes aos personaxes, seguindo o modelo da “Cabra Cabre-sa”. Podemos buscar nomes graciosos  simplemente, ou nomes que rimen, como o do exemplo.
  • Reinventamos o conto. P ex: “O coelliño fíxose forte e...”,  ”O coelliño púxose de cor... E...”
  • Bailamos imitando o movemento dos animais que saen no conto ou doutros que nos apeteza.
  • Escribimos ou debuxamos os ingredientes do caldo de coles que comeron o coelliño e a formiga. (Tamén podemos  axudar a pápá e a mamá a anotar as cousas que imos usar hoxe para facer a comida)
  • Podemos facer un comic: escoller as escenas que máis nos gustan e anotar algunhas palabras significativas (Mamá, papá, os irmáns... tamén poden axudar)
  • Falamos sobre sentimentos: “Como te sentirías se un día chegases á casa e non pui-deses entrar?”
Un saúdo

#euquedonacasa 


PEQUENOS GRANDES CIENTÍFICOS, cociñando experimentos

Non todo van ser contos...
Hoxe propoñemos a elaboración de experimentos e tamén algunha receita. Para iso podes consultar nestes manuais e ver si podes facer algunha das propostas con materiais que teñas na casa. 
Preme nas imaxes para acceder aos cadernos e demais explicacións.

Importante: Non esquezas pedir axuda a un adulto.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/cuaderno-experimentos-ninos

https://www.scribd.com/presentation/453344890/Recetario-Divertido

Moito ánimo e ... a explorar!

#euquedonacasa
 

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Recibimos máis arcos da vella solidarios!!! 

Sodes xeniais!!!   

Moitísimas grazas!!!




Lembrade que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Ánimo e forza, artistas!!!
Bicos e apertas!!!

#euquedonacasa

25 de marzo de 2020

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Hoxe compartimos outros tres arcos da vella solidarios aportados polo noso alumnado.

Moitísimas grazas!!!


Xa sabedes que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Moitísimo ánimo, artistas!!!

#euquedonacasa

24 de marzo de 2020

23 de marzo de 2020

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Nova entrega de arcos da vella solidarios. Moitísimas grazas!!!

Lembrade envialos ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilos.


Moitísimo ánimo, artistas!!!

#euquedonacasa

ORELLAS DE BOLBORETA

Propoñemos hoxe un novo conto... agardamos que o gocedes.



Proposta de actividades:

Este é un conto para falar, sobre todo. Para compartir, para reflexionar sobre as emocións e os sentimentos propios e alleos; para tratar de mover o noso centro un pouquiño e achegalo ao centro dos outros. Naturalmente, isto implica que as persoas adultas tamén teñen que facer ese mesmo esforzo.

  1. Xogamos a poñer os zapatos de outra persoa (a actividade por si soa xa é unha festa) Despois podemos:  A) Falar da experiencia: era fácil, difícil, que cousas podía facer e que cousas non, etc
    B) Tratar de levar a experiencia un puntiño máis alá: “Se os zapatos de mamá me convertesen en mamá/papá, que podería/tería/debería que facer cando...? “ (P ex. “cando quero comer pasteliños a todas as horas”)
    C) O mesmo, dándolle a volta: “E se papá/mamá se convertesen en min, que poderían/ terían/deberían facer?”
  2. Facemos a Mara cun cartón (podemos usar un folio e pegalo nunha caixa de galletas para darlle consistencia) , decorámola como nos guste e pegámoslle un pauciño ou unha palliña por detrás. Temos unha personaxe coa que podemos representar o conto e falar sobre os contidos: Como cres que se sinte? Que farías ti se lle pasara a unha amiga túa? Como poderías axudar?
  3. Debuxamos moitas bolboretas e escribimos nelas palabras ou frases curtas que pui-desen servir de alento para Mara.
  4. Facemos un debuxo de nós mesmos e falamos con papá e mamá: Que é o que máis che gusta de ti? Cales son os teus talentos, as cousas que fas moi ben? Que cousas son as que che custan máis?
Un saúdo
#euquedonacasa 


20 de marzo de 2020

ARCO DA VELLA SOLIDARIO

Circula desde hai uns días pola rede unha iniciativa popular que nos parece moi alentadora para peques e maiores e que queremos promover desde aquí . 

Consiste en elaborar carteis con materiais que teñamos na casa reflectindo algunha mensaxe de ánimo para afrontar esta situación.

A idea xurdiu en Italia, onde colgaron dos balcóns e fiestras vistosos  arcos da vella coas mensaxes "Todo vai saír ben" e/ou "Eu quedo na casa".

Algunhas mestras propuxeron xa esta actividade e temos os primeiros resultados:



Animádevos e enviade as vosas creacións a : ceipbarro@gmail.com e así poder compartilas.


Moito ánimo artistas!!!
#euquedonacasa

CONTO: "LOS 10 FANTASMITAS"

Ofrecemos hoxe este conto para traballar numeración cos máis pequenos e pequenas da casa. As demais poden acompañar a lectura seguindo tamén as propostas de actividades que a partir del recomendamos.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO CONTO “10 FANTASMITAS”

  • Inventar novas historias cos fantasmas como protagonistas.
  • Facer debuxos inspirados no conto.
  • Contar cara adiante e cara atrás, usando o apoio da cadea numérica do final ou as diferentes páxinas.
  • Debuxar, pintar ou decorar, recortar o castelo e os fantasmas. Se temos un número grande de fantasmas (papá e mamá tamén poden axudar), poderiamos usalos para distintos xogos:
  1.  Tiramos un dado e collemos tantos fantasmas como puntos saian (os máis grandes poden mesmo usar dous dados e facer a suma)
  2.  Separamos un pequeno número e preguntamos cantos nos farían falta para completar os 10, p ex
  3.  Poñémoslle un número na barriga a cada fantasma e ordenámolos de maior a menor e viceversa (ata 10, ata 20,... , segundo as posibilidades de cada neno ou nena)
  4.  Seleccionamos só tres ou catro fantasmas que non sexan consecutivos para repetir o exercicio anterior
  5.  Collemos dous ao azar e dicimos cal ten o número máis alto/máis baixo
  6.  Facemos parellas de fantasmas que estean pintados ou decorados igual e xogamos ao xogo da memoria.
  • Construír un precioso castelo 3D con caixas de cartón, botellas de plástico, etc que vai servir para infinidade de outros xogos 
Na rede atopades exemplos de manualidades, e ... as familias xa demostrastes noutras ocasións as vosas habilidades. Animádevos!
Un saúdo
 #euquedonacasa

18 de marzo de 2020

REFRÁNS CON EMOTICONAS

Seguindo o fío do tema do Salón do Libro de Pontevedra "O humor" e empregando as emoticonas dun WhatsApp que estes días circula pola internet, ímosvos propoñer un xogo didáctico para combatir eses momentos de "aburrimento" que poidamos ter estes días.
Vale tamén para xogar en familia!!

#euquedonacasa

Son refráns para adiviñar. Recordade que un refrán é unha frase curta de forma fixa coa que se expresa un pensamento popular baseado na experiencia, polo xeral con rima e de sentido figurado.

Cando voltemos ás clases, faremos un circuito polo cole con estes e outros refráns.

Animádesvos?

Facede unha lista e entregádelle as respostas ás vosas titoras ou titor cando todo volva á normalidade.

Eu empezo:
1. Cada maestrillo tiene su librillo.
2...
3...
Quen segue?