BD Mulleres galegas Propostas de actividades by Amor_Ruibal on Scribd
8 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DO 8 AO 18"
14 de febreiro de 2021
ENTROIDO 2021
Aquí deixamos algunhas imaxes do tempo de entroidar no CEIP Amor Ruibal que, coma sempre, veu marcado polos mandados de MIMI, a mascota da nosa Biblioteca.
Moitísimos Parabéns pola fantástica participación!!!
Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!
5 de febreiro de 2021
CARTAS E CONTOS POLA PAZ
O "Buzón da Paz", creado polo alumnado de Valores de 6º de Primaria e instalado na nosa Biblioteca co motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, encheuse rapidamente cunha morea de cartas que o alumnado de Infantil e Primaria máis Mimi, a mascota da Biblioteca, intercambiaron entre si con propostas moi intelixentes e sensatas para gozar das nosas relacións dun xeito pacífico e tolerante.
Asemade, a exposición bibliográfica de "Contos pola Paz" serviu de inspiración a nenas e nenos de Infantil e Primaria para desenvolver marabillosas actividades de creación artística e lectoescritura nas súas respectivas burbullas.
Moitísimos Parabéns pola magnífica participación!!!
Que os vosos desexos pacíficos se fagan realidade!!!
Máis información en
e no blog de 5º e 6º de Primaria.
26 de xaneiro de 2021
Calendarios Saudables 2021
O Concello de Barro vén de entregar os CALENDARIOS SAUDABLES 2021 no CEIP Amor Ruibal, seguindo todos os protocolos sanitarios.
A iniciativa, coordinada pola psicóloga Julia Búa, enmárcase no Proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, co obxecto de promover hábitos de vida saudable e previr futuras condutas adictivas entre o alumnado.As fermosas ilustracións do calendario son froito do Certame de Debuxos Saudables 2019 e da convodatoria online "Xunt@s creamos saúde" lanzada o Día Mundial da Saúde 2020, en pleno confinamento.
Do noso centro, resultaron seleccionados os debuxos de Sabela García Rey (Xaneiro), Iria García Paz (Agosto) e Sara Fernández Alfonso (Setembro).
MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!
XUNT@S CONSTRUÍMOS SAÚDE!!!
CALENDARIO SAUDABLE, 2021 by Amor_Ruibal on Scribd
Páxina do Proxecto de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas
22 de decembro de 2020
Resolución do XX Concurso de Postais de Nadal
O Concello de Barro ao través da OMIX vén de publicar a resolución do XX Concurso de Postais de Nadal.
As postais premiadas do noso centro son:
Categoría A: IVÁN GAGO GARCÍA (2º A)
Categoría B: XIÁN IGLESIAS MAQUIEIRA (3º A)
Categoría D: LUCA VILA VITUREIRA (6º A)
Categoría G (Equipo): FIZ REA TILVE (1ºA),
FELIPE REA (pai) e INÉS TILVE (nai)
Moitísimas grazas pola fantástica participación!!!
Parabéns ás persoas gañadoras!!!
3 de decembro de 2020
XX Concurso de Postais de Nadal
O Concello de Barro, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), vén de convocar o XX Concurso de Postais de Nadal no que, seguindo a tradición, convídannos a participar.
Adxúntanse as bases, que presentan algunhas variacións debido á situación actual, priorizando a presentación dos traballos por correo electrónico.
As postais realizaranse nun tamaño de medio folio DIN-A4. Poden ser en branco e negro ou en cor.
O tema é libre.
De levar texto, o idioma a empregar é o GALEGO.
Non poden levar o nome escrito.
As postais presentadas no colexio levarán na parte posterior o curso e número de lista (que facilitarán as titoras).
Cada participante pode entregar un máximo de 2 postais.
As postais da categoría "en equipo" (familiares e/ou amizades ata un máximo de 3 persoas) levarán na parte posterior as idades e parentesco.
As postais presentaranse na Biblioteca do CEIP Amor Ruibal antes
das 14:00 h do martes 15 de decembro ou no rexistro do Concello
de Barro a través da sede electrónica ou do enderezo electrónico omix@barro.es ata o mércores 16 de
decembro (inclusive).
Animádevos a participar!!!
25 de novembro de 2020
25N do 2020
O alumnado do CEIP Amor Ruibal desenvolveu estes días diversas actividades de sensibilización e concienciación no marco da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
E, ao son da canción POR ELAS de Adhara and Ritman, reivindica unha sociedade libre de violencia machista para
<<QUE `NINGHÉN´ DECIDA
CANDO SE ACABA A TÚA VIDA>>
Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!
Graciñas especiais ao alumnado de 6º de Primaria,
autor da cartelería creada para a conmemoración,
inspirada na letra da canción.
20 de novembro de 2020
Día Internacional dos Dereitos da Infancia 2020
O 20 de novembro de 1989, na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, aprobouse a Convención dos Dereitos da Infancia. Para celebrar este día, o alumnado de Valores de 6º curso de Primaria, que contou coa colaboración de todas as súas compañeiras e compañeiros na elaboración de carteis, crearon un vídeo con imaxes dos diferentes dereitos.
Esperamos que vos guste.
12 de novembro de 2020
Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca
Novembro é un mes cheo de acontecementos na Biblioteca e o que nos ocupa agora é o anuncio, como un feitizo, do MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA.
Presentámolo co texto que o profesor e investigador Xurxo Mariño elaborou a modo de Manifesto e que podedes descargar no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Manifiesto%202020-V1.pdf
30 de outubro de 2020
Aniversario de Ricardo Carvalho Calero
Tal día como hoxe naceu hai 110 anos Ricardo Carvallho Calero, Letras Galegas 2020.
No mes de maio rendémoslle homenaxe cunha serie de actividades como este panel de recursos interactivos, que hoxe rescatamos para percorrer a vida e obra do escritor, filólogo, profesor e académico, dun xeito ameno e divertido.























