Nesta semana do 11 ao 17 de maio, o alumnado do CEIP Amor Ruibal conmemorou a Semana das Letras Galegas. Este ano, dedicado á escritora Begoña Caamaño
Realizáronse multitude de actividades, aquí vai un resumo!!!
Nesta semana do 11 ao 17 de maio, o alumnado do CEIP Amor Ruibal conmemorou a Semana das Letras Galegas. Este ano, dedicado á escritora Begoña Caamaño
Realizáronse multitude de actividades, aquí vai un resumo!!!
O venres 15 de maio, no marco da conmemoración das Letras Galegas, terá lugar a Festa da Lingua 2026 ao que asistirá unha representación do noso centro: alumnado de 1º, 5º e 6º.
O evento terá lugar das 10:30 ás 13h no aparcamento da Tafona de Caldas de Reis.
Ademais de estar aberto a toda a Comunidade Educativa e veciñanza, este ano poderase seguir o evento a través de Radio Arosa no programa "Hoy por Hoy" a partir das 12:25h.
Animádevos a asistir, participar e seguirnos nas ondas!
Cada 9 de maio celebramos o Día de Europa para lembrar a Declaración de Schuman de 1.950, na que o ministro francés Robert Schuman deu os primeiros pasos para crear unha Europa unida. Con tal motivo, as alumnas e alumnos de 6º de Primaria crearon un fermoso mural cos principais símbolos europeos e os valores básicos para unha convivencia pacífica.
O mural quedou exposto no ximnasio e serviu de telón de fondo para os dous marabillosos concertos que estas mozas e mozos ofreceron a todo o alumnado e profesorado do centro. Interpretaron o Himno de Europa, que é o Himno da Alegría de Beethoven, con xilófonos, metalófonos, carillóns, teclado, frauta, clarinetes, saxofón, fagot, peitoque e acordeón.
Fixérono xenial!!!
E recibiron moitos e merecidos aplausos!!!
FELIZ DÍA DE EUROPA!!!
Durante o primeiro trimestre o noso invernadoiro sufriu un acto vandálico e houbo que retiralo. A ANPA, que sempre vela por axudarnos a cubrir necesidades, facilitounos un novo. Grazas ao Concello de Barro, témolo instalado dende o inicio deste trimestre.
O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o acoso escolar. O Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas lectoras e audiovisuais para traballar valores como a tolerancia, a inclusión, o respecto, a empatía... e previr condutas contrarias á convivencia.
Ademais, gustaríanos recordarvos que o "Punto Laranxa" está dispoñible tanto en formato físico como na páxina web do centro.
Durante a semana do 23 ao 30 de abril, no CEIP Amor Ruibal conmemoramos a semana do libro facendo moitísimas actividades! Desde a creación de marcapáxinas, actividades con lecturas diferentes ata a asistencia a exposicións e obradoiros a cargo da OMIX.
A semana rematou coa actividade que une a todo o centro: os acompañamentos lectores. O alumnado do 2º e do 3º ciclo de Primaria exerceu como madriñas e padriños para os seus afillados /as de Infantil e 1º ciclo. Para iso, durante toda a semana, as/os maiores estiveron escollendo con moito cariño e dedicacións os contos que ían ler: pensaron nos gustos dos pequenos/as, fixeron unha escolla nos andeis dedicados a cada nivel e ensaiaron o seu mellor recitado!
📚 Parabéns por facer unhas xornadas de lectura tan fermosas! 📚
O venres 15 de maio, no marco da conmemoración das Letras Galegas, terá lugar a Festa da Lingua 2026 ao que asistirá unha representación do noso centro: alumnado de 1º, 5º e 6º.
Data: 15 de maio, venres. A partir das 10:30 horas
Lugar: aparcamento de A Tafona
Este acto está organizado pola Cordinadora Comarcal de Terras do Umia que representa aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da comarca (Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas). Ademais, conta coa colaboración do Concello de Caldas de Reis.
Animádevos a asistir e a participar!
Un ano máis, o Concello de Barro convoca, a través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso de creación literaria "AS VERBAS QUE CONTAN" no marco da conmemoración das Letras Galegas.
Recordade que todos os traballos deben ser orixinais, inéditos e en Lingua Galega. Deben seguir as condicións específicas segundo idade e categoría.
A forma de entrega e identificación consiste en:
Presentación de traballos:
Hoxe, 7 de abril, conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano sumámonos á OMS (Organización Mundial da Saúde) para reivindicar a importancia da saúde, dos estilos de vida saudable e da asistencia sanitraria universal.
Para iso, desde o Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos concellos de Barro, Campolameiro, Cuntis, Moraña e Portas convidamos ás familias á lectura do Manifesto do Día Mundial da Saúde que se achega a continuacióin, así como a coñecer a plataforma SANIDADE MEDIAVERSO, plataforma creada pola Consellería de Sanidade co obxectivo de facilitar o acceso da poboación a contidos de saúde (xogos sobre alimentación saudable, vídeos e aplicacións para o fomento da actividade física, benestar emocional así coma xogos e información sobre a prevención das condutas adictivas)
https://sanidademediaverso.sergas.gal
Este ano, no noso cole conmemoramos o 8M, Día Internacional da Muller, cunha serie de actividades pensadas para reflexionar sobre a igualdade. Ao longo desta semana, realizamos lecturas de biografías de mulleres importantes na historia, creacións plásticas e pequenos debates nas aulas.
Estas actividades permitíronnos aprender, compartir ideas e lembrar que entre todos e todas podemos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Queredes ver o proceso e os resultados? Que vos parece?