31 de xullo de 2015

COUSAS NOSAS XV

Aínda que con un lixeiro retraso xa está dispoñible a versión dixital da nosa revista escolar. A pesar de ter repartido a versión impresa en papel coidamos interesante que a disfrutedes a toda cor.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita "Cousas nosas".
Un saúdo.
MIMI

2 de xullo de 2015

"Protexendo o camiño" chega a Barro

O pasado día 5 de xuño ( Día Mundial do Medio Ambiente) visitaron o noso centro Enrique Mauricio (escritor) e Carlos Taboada (ilustrador) compoñentes do colectivo Polo correo do vento.
A actividade que desenvolveron no noso centro está integrada dentro do Programa do Xacobeo e financiada por Turismo de Galicia e leva por nome "Protexendo o camiño".

Quique contounos a historia de Iago (un escritor) e Peregrina (unha fotógrafa) que recorrían xuntos o Camiño de Santiago, e sobre o que atopaban no seu percorrido. Aprendemos sobre a importancia decoidar a nosa terra, en especial o camiño así como coidar o trato coa xente. Mentras el contaba a historia, Carlos fixo un debuxo precioso que regalou para o noso cole.
Ao remate, tivemos un obradoiro e Carlos ensinou como debuxar un "pelegrín".

Se queredes saber como resultou mirade o video da actividade, Tamén podedes mirar que ben resultaron os debuxos no blog do 1º ciclo ou premendo aquí.

Un saúdo.
MIMI

5 de xuño de 2015

"OS DA RÍA" no CEIP Amor Ruibal

Aquí temos xa o vídeo resumo do acto de entrega do VII Premio Mimi ao Persoeiro do ano.



Unha grande festa!!
Un saúdo.
MIMI.

3 de xuño de 2015

ENTREGA DO VII PREMIO MIMI.

E chegou o gran día ...

O Premio MIMI deste ano foi entregado hoxe na Biblioteca Pública do Concello ao grupo musical "Os da Ría".

Acudiron a recollelo Fabián Santomé (Tomás Lijó) e Suso Pián (Suso Alonso).





A pesar de ser unha parte do conxunto, Fabián Santomé (cantante) e Suso Pián (Piano) fixeron boa festa e grande xoldra para o deleite de todos e todas nós.







Cantaron algúns dos seus temas e o alumnado de 5º curso cantou e bailou con eles.









Se premedes na imaxe da esquerda podedes ler a dedicatoria que nos deixaron no libro de visitas da biblioteca.
En breve teredes máis información do acto.



Ao final do acto o alumnado de 5º curso e as mestras encargadas do Proxecto posaron xunto cos homenaxeados.

Un saúdo galegueiro!
MIMI.

31 de maio de 2015

Visita de Héctor Lorenzo

A pasada semana tivemos no colexio a última das actividades programadas polas Letras. O músico e cantante Héctor Lorenzo visitounos para interpretar algúns dos poemas de Raúl Gómez Pato aos que lle puxo música.
Comenzou o seu recital cun poema de Valle Inclán titulado "Paxariño novo" e a continuación interpretou: Os zapatos, A dorna, A serea, A serra, O libro, A pulseira.
Se queredes ver como resultou todo, mirade o vídeo. Nós pasámolo moi ben cantando, batendo palmas, e bailando coas cantigas.
Moitas grazas Héctor por tan doce mañá.! 
Un saúdo.
MIMI.

28 de maio de 2015

Contacontos interciclos




A pasada semana tivemos unha actividade máis dentro da programación deste"Mes dos libros e das letras". O contacontos interciclos.

 Amosamos uns "collages" fotográficos desta actividade.







 Igual que en anos anteriores, o alumnado de 1º curso da ESO pertencente ao IES de Barro, estivo no noso centro para facer unha sesión de contacontos. 



Os contos que prepararon foron :

- O xuízo.
- A Carapuchiña vermella.
- Viaxe á terra de Xauxa.
-  O xabarín.
-  A cincenta que non quería comer perdices.

-  Indo para a feira.







Gracias ao Departamento de Normalización do IES pola colaboración, especialmente a Marisa. 
Noraboa polo resultado!, e.....  
Gracias a todos e a todas pola vosa participación!!
Deica pronto!

Un saúdo.
MIMI.

14 de maio de 2015

Na VII edición gañou...

Terminado o proceso de exposición de candidaturas, votacións e reconto dos votos emitidos xa temos un gañador.
Para coñecer máis deste proxecto segue o video e coñecerás tamén aos vencedores desta edición.
Mais información no blog do terceiro ciclo, alumnado de 5º curso que, ano tras ano, desenvolve o Proxecto.
Un saúdo.
MIMI.




13 de maio de 2015

Premiados no concurso: "Cóntame un conto, veciño"

Xa temos a resolución do concurso!

E aquí vos deixamos o cartaz cos Premiados e finalistas.

A entrega de Premios será na Escola Taller do Concello de Barro o venres día 15 ás 19:00 hs.

A lectura dos contos farase nos Concellos de Barro e Portas tal e como figura no cartaz.

Parabéns a todos e a todas!!

Un saúdo.
MIMI. 



12 de maio de 2015

Candidatos VII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Reunímomos na biblioteca do cole para escoitar a exposición que fixo o alumnado de 5º curso responsable deste proxecto.
Presentáronnos as cinco candidaturas sobre as que investigaron este ano.

Candidaturas VII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.
Queremos agradecer o interese e a colaboración de todos os organismos e institucións que ano tras ano nos apoian e colaboran coas súas propostas.

Un saúdo.
MIMI.

10 de maio de 2015

Celebramos o Día do Libro.

Para celebrar esta data no colexio, realizamos unha serie de actividades que recollemos no video que amosamos a continuación.
Son as seguintes:
  • Apadriñamento lector: "Padriños" e "madriñas" de Primaria agasallaron coa lectura dun conto ao alumnado de Educación Infantil e 1º curso de Primaria.
  • Exposición do Proxecto "Os cabalos" realizado por Manuel Maquieira de 5º curso de Primaria.
  • Visita á Biblioteca Pública de Barro. 
Un saúdo.
MIMI.