13 de abril de 2020

SORTE DE TERVOS!!!

Moitísimas grazas pola vosa entrega e paixón!!!

Sorte de tervos!!!

Ánimo!!!

Xa queda menos!!!


#euquedonacasa

12 de abril de 2020

REGALAZOS!!!

Menudos regalos recibimos día tras día!!!

Moitísimas grazas, queridiñas e queridiños!!!

Sodes o mellor do mellor!!!

Un millón de bicos e abrazos para todas e todos vós!!!

Un día máis é un día menos!!!


Xa sabedes que podedes enviar unha imaxe das vosas creacións á Aula Virtual (máximo 1MG) ou, en caso de terdes algún atranco, ao correo ceipbarro@gmail.com.

Moitísimas grazas!!!

Moitísimo ánimo!!!

#euquedonacasa

8 de abril de 2020

ESTAMOS CON VÓS!!!

O entusiasmo e a creatividade das nosas nenas e nenos non teñen prezo. 

Bravo!!!

Estamos con vós!!!

Bicos e apertas mil!!!


Xa sabedes que podedes enviar unha imaxe das vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com ou á Aula Virtual (máximo 1MG).

Moitísimas grazas!!!

Moitísimo ánimo!!!

#euquedonacasa

7 de abril de 2020

XUNT@S CREAMOS SAÚDE

Hoxe, 7 de abril, conmemórase en todo o Mundo o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. 
Cada ano, dende o Proxecto de Prevención das Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas realízanse varias actividades como forma de resaltar a importancia da SAÚDE. 
Polas circunstancias nas que nos atopamos, as actividades non poden ser presenciais nos centros escolares pero si se poden realizar igualmente grazas as novas tecnoloxías. 
Por iso, propoñemos a toda a poboación e, especialmente ás familias dos cinco concellos implicados no Proxecto, a participación na actividade XUNT@S CREAMOS SAÚDE. 

Esta actividade consiste na realización dun DEBUXO que represente o que entendemos por saúde e os hábitos que a reforzan e melloran. Posteriormente, solicitamos o envío deses debuxos, escaneados ou en formato fotografía co nome e idade d@s participantes, ata o 14 de abril ao correo electrónico:
  prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es 

   Animádevos a participar!

Todos os debuxos serán utilizados para a elaboración dunha presentación sobre A SAÚDE que se subirá ás redes sociais dos cinco concellos así coma ao blog do Proxecto de prevención nas seguintes semanas.

 Aquí presentamos tamén o manifesto elaborado dende o Proxecto para esta conmemoración. A ilustración é o debuxo gañador do certame do ano pasado. A autora é Sabela García Rey, de 3º de Primaria do noso centro.
 #euquedonacasa

6 de abril de 2020

ARTS AND YOGA for kids

Hai uns días lanzabamos a proposta dunha manualidade baseada en "posturas" para practicar ioga e aquí vos amosamos as primeiras e variadas creacións.

Parabéns artistas!

Moito ánimo!!
#euquedonacasa

5 de abril de 2020

REGALOS ARTÍSTICOS

Fermosas creacións artísticas de arcos da vella solidarios, fiestras dende as que contemplar o mundo que nos gustaría mirar e instrumentos musicais caseiros realizados con materiais de refugallo.

Sodes xeniais!!!

Moitísimas grazas, artistas!!!



Lembrade que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com poñendo no asunto `ARCO DA VELLA´, `NOVA FIESTRA´, `INSTRUMENTO MUSICAL´ ou o referido a calquera outra actividade na que se queira participar.
Tamén podedes facelo ao través da Aula Virtual, mais tende en conta que a súa configuración non admite arquivos superiores a 1 MB.

Moitísimo ánimo!!!

#euquedonacasa