30 de outubro de 2026

APRENDEMOS XOGANDO CON BRAZOLINDA!

O alumnado de 6º de Primaria tivo a oportunidade de descubrir o fantástico mundo dos xogos de mesa da man de Brazolinda, un proxecto galego dedicado ao deseño e á creación de xogos en galego.

Durante a actividade, os nenos e nenas coñeceron diferentes propostas e aprenderon a xogar con elas, descubrindo que os xogos de mesa son moito máis ca un simple entretemento. A través deles podemos poñer a proba a nosa memoria, desenvolver o razoamento, ampliar o vocabulario, mellorar a expresión oral e, sobre todo, aprender a compartir.

Foi unha experiencia moi divertida na que o galego, a aprendizaxe e a diversión foron da man. Unha maneira estupenda de achegarnos aos xogos de creación propia e descubrir o valor de xogar xuntos!


🎲 Porque aprender tamén pode ser un xogo! 🎲

💙 Moitísimas grazas a Isabel Valiño, a coordinadora dos equipos de EDLG da provincia de Pontevedra, por agasallarnos con esta marabillosa experiencia! 💙

Ningún comentario:

Publicar un comentario