2 de novembro de 2026

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2026

Rematamos o mes de outubro pasándoo de medo! Este ano o profesorado do CEIP Amor Ruibal preparou moitas sorpresas para o seu alumnado! 

Despois dunhas primeiras horas de xogos e moitas actividades polas aulas, os nenos e as nenas de 5º de EP prepararon uns contos de "medo" para interpretarllos aos seus compañeiros e ás súas compañeiras do cole. 

Tras isto, gozaron do túnel do terror no que había unhas personaxes que nos quixeron asustar, pero que coñeciamos moi ben... Gustounos tanto que mesmo queriamos pasar varias veces! 

Queredes ver o ben que o pasamos? Facede clic no vídeo! 

🎃 Feliz Samaín! Happy Halloween! 🎃

Ningún comentario:

Publicar un comentario