Estamos adquirindo moitos libros novos para a nosa biblioteca do centro e xa non entran todos nos andeis, polo que decidimos realizar un expurgo, unha retirada dos libros máis antigos ou con pequenos danos.
Estes libros están expostos en mesas polos corredores para que o alumnado de forma voluntaria leve para casa os que máis lle gusten e así darlle outra nova vida nun novo fogar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario