31 de marzo de 2016

Día da muller traballadora. Visita de Carmen Pazos.

Como señalamos na entrada anterior, para poñer o broche de ouro a este proxecto o día 18 de marzo recibimos no centro a unha antigua alumna, Carmen Pazos Magariños.
Ela cursou Educación Infantil e Primaria no "Amor Ruibal" entre os anos 1997 e 2006 e os mestres e as mestras que a coñecemos lembramos que xa daquela tiña moi claro o que lle gustaba.


 O alumnado de 4º, 5º, e 6º curso de Primaria recibíuna expectante na Biblioteca do noso centro, gozaron do que ela contou sobre a súa experiencia e completaron a súa investigación cubrindo a ficha correspondiente e redactando unha breve biografía. 
Así o conta unha alumna de 5º curso:

CARMEN  PAZOS
Ten 22 anos. Naceu en Valbón (Agudelo), estudou no CEIP Amor Ruibal e no IES Xunqueira.
Ten un irmán chamado Carlos que estudia en Vigo e toca percusión.
Aprendeu xaponés para irse a unha Universidade de Xapón a estudiar Arte e sacar fotografías.
O lugar que máis lle gusta é Kioto (donde vive) porque pode ir en bicicleta a todas partes.
Tamén viaxou a Portugal e a Francia dúas veces.
Gústalle tocar o piano, escoitar música, ler, texer, bailar, facer fotografías e sobre todo estar coas súas amigas.
Sarai Romai Manso, 5º curso 

Podedes ler máis sobre a súa visita na entrada publicada no blog do terceiro ciclo:
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2016/03/visita-de-carmen-pazos-magarinos.html

Carmen deixounos unha dedicatoria e asinou o libro de visitas da biblioteca do cole, en xaponés e tamén en español.
Podedes ler o contido na imaxe que o recolle.



Si preferides escoitar como Carmen fai lectura do que escribíu só tedes que mirar o vídeo no que recollemos a súa visita.
Gracias por todo, Carmen!!






 NORABOA POLOS TEUS LOGROS E MOITA SORTE COS TEUS PROXECTOS !!



Un saúdo,
MIMI.

17 de marzo de 2016

Día da Muller Traballadora.


Este curso escolar conmemoramos esta data dun xeito diferente aos anos anteriores. 
Desde a Biblioteca do centro preparamos un xogo de pistas, no que cada día o alumnado debía investigar sobre unha muller diferente. 

  


Comezamos o propio día, o 8 de marzo, investigamos sobre a data e cubrimos a primeira folla de recollida de información. 
Nas imaxes aparece alumnado de 6º curso na Biblioteca.
  





A partir de ahí, cada tempo de lecer o alumnado debía pasar pola biblioteca do centro para entregar o feito e recoller a ficha coas pistas da seguinte mullar a investigar.
Impacientes esperaban na entrada da Biblio para entregar as súas fichas e coller a seguinte. 
Participou alumnado de 4º, 5º e 6º curso. 

Chamamos a esta actividade "Do 8 ao 18" e ofrecímolo ao alumnado nun site para guiar mellor a súa investigación. Se premedes na imaxe co logo, poderedes acceder.

https://sites.google.com/site/do8ao18/home 



 Pero as actividades entorno a esta data non acaban aquí, estade moi atentos porque ... mañá día 18 hai máis. 
 
Un saúdo.
MIMI.

16 de marzo de 2016

PROXECTO DOCUMENTAL I

5º e 6º curso de Primaria.
A primeira exposición do PDI deste curso escolar tivo lugar a pasada semana na biblioteca do noso centro. 
Manuel Oubiña Maquieira é alumno de 6º curso de Primaria, Presentou este traballo tan interesante que elaborou na clase de apoio coa profesora Ángela dentro do Proxecto de centro deste ano "Bichería animal"
O título do seu traballo: "Razas autóctonas de animais de Galicia en perigo de extinción" 
Manuel investigou, buscou información que seleccionou e empregou para elaborar a súa presentación.

 Queremos amosar unha escolma de fotografías da súa exposición aos compañeiros e compañeiras dos distintos niveis.
Fíxoo moi ben e a nós gustounos moito.
Grazas Manuel, por este gran traballo!
Alumnado de Infantil (5 anos)

3º e 4º curso de Primaria.

Un saúdo.
MIMI.
1º e 2º curso de Primaria.








13 de marzo de 2016

Venres de Contacontos.

No mes de febreiro o alumnado da clase de 5 anos B, os golfiños, quixeron pronunciarse tamén e pediron " un conto de bichos". Como estaban investigando ás xoaniñas, pediron "A xoaniña rosmona" de Eric Carle.
Despois escoitáronno tamén os compañeiros e compañeiras das clases de 4 anos.

Aplaudiron un montón e xa están pensando no seguinte.

Un saúdo,
MIMI.

21 de febreiro de 2016

Entroido no Amor Ruibal II

Cartel do Concello
O pasado venres día 4 celebramos o entroido no colexio. Na entrada anterior amosabamos o video coa festa de disfraces. Nesta ocasión queremos presentar dúas actividades que falan de "colaboración"e que tiveron lugar ao longo da mañán.
A primeira chegounos desde a B.P. e OMIX de Barro, que en colaboración coa Biblioteca do centro organizou esta actividade coa que se recupera esta antiga tradición en Barro, "A corrida do galo"
Botade un ollo ao vídeo para ver como resultou.



A música que acompaña esta montaxe é "Folk Round" de Kevin MacLeod, baixo  unha licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/)

A segunda actividade foi un obradoiro de maquillaxe organizado por "Voluntarias da Biblioteca" de 6º curso. 
Encargáronse de enfeitar ao alumnado de infantil que non traía maquillaxe das súas casas. Podedes miralas en acción nas fotografías que amosamos.

Un saúdo,
MIMI.



19 de febreiro de 2016

Entroido no Amor Ruibal. I

As celebracións do Entroido no noso centro veñen marcadas como sabedes pola nosa mascota "MIMI" e polos seus mandados. Cada día da semana apareceu un novo mandado na biblioteca anunciando o "mandado" a cumplir o seguinte día. Este ano co tema do noso proxecto: "Menuda Bichería!"
Os mandados deste ano quedaron así:



 
O xoves, o mandado aludía ao disfraz co que debiamos vir o venres á escola. Foi un día grande de festa pois ademais do desfile no ximnasio do cole tiveron lugar outras actividades que relatamos na seguinte entrada.

GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

A continuación amosamos os vídeos que preparamos recollendo os mandados da semana.








Un saúdo,
MIMI.

18 de febreiro de 2016

Venres de contacontos.

Durante este inverno, na "hora de ler" dos Venres alumnos e alumnas axudantes da biblioteca de 6º curso prepararon varios contacontos para o alumnado de Educación Infantil.
No mes de xaneiro, o alumnado dunha das clases de 6º nivel de infantil pedíu expresamente poder escoitar  "O gato con botas" nunha carta que foron entregar na clase de 6º curso.
Fixemos unha montaxe con algunhas fotografías do contacontos que desenvolveron en dúas sesións para o alumnado de 5 e de 3 anos.



Gustoulles moito e quedaron en ir pensando no que pedirán próximamente.

Un saúdo,
MIMI.



17 de febreiro de 2016

Día da paz 2016

Celebramos o Día da Paz no noso centro o pasado 29 de xaneiro.
Para a celebración deste ano escollimos traballar no centro o poemario Trobapaz.  
Cada nivel escolleu un poema deste libro para o seu traballo: ler, interpretar, memorizar, debuxar, adaptar, recitar... cada un ao seu xeito. 
Tamén aprendemos unha canción coa profe de música,Claudia, e argallamos unha coreografía para cantala e bailala no ximnasio todos xuntos ese día. A diferencia de outros anos Infantil e Primaria aprenderon cancións diferentes que interpretaron en dous actos separados por mor do espacio. 

O alumnado de Infantil aprendeu unha danza popular italiana "Sete gesti" e o poema de Antonio García Teijeiro "Que ocorre na terra?" que adaptaron ao seu xeito. Recollémolo no video:



Podedes ver no seu blog os debuxos que fixeron para ilustralo. Premede aquí para acceder. 



Arriba aparecen os cinco poemas diferentes do libro que prepararon en Primaria.
O alumnado de Primaria tamén aprendeu e coreografiou a canción "Una sola voz" de Macaco.
Todo este traballo está recollido no seguinte video:



Podedes ver nos diferentes blogs as actividades que fixeron noutras aulas:
Un saúdo,
MIMI

TROBAPAZ

Trobapaz, é o título do libro de poemas que editou a Universidad de Jaén no ano 2009 baixo a coordinación de Sara Moreno Valcárcel.
Trátase dun proxecto no que colaboraron escritores nacidos en distintas zonas de España ademais dun poeta nacido en Irak.
Todos eles escribiron poemas na súa propia lingua e traduciron cada un deses poemas ás distintas linguas do noso país ademais doutras cercanas como o inglés, o chino e o árabe.
Miquel Desclot, Antonio G.Teijeiro, Juan Kruz I. e Ana Mª Romero
Pola fotografía coñecemos aos participantes neste proxecto durante un recitado de Trobapaz na comunidade de Madrid. (Se premes nela terás máis información) Eles son:
En catalán Miquel Desclot
En galego Antonio García Teijeiro
En vasco Juan Kruz Igerabide
En castelán Ana Mª Romero Yebra
En árabe Abdul Hadi Sadoun
Un saúdo,
MIMI

5 de febreiro de 2016

VIII Concurso Microtextos Terras do Umia"

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o VIII Concurso de Microtextos neste curso 2015/16.
Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora "Terras do Umia" dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Cartaz elaborado por unha alumna do CPI Domingo Fontán de Portas

Bases do concurso :
  • Sección de Microcreación (só para Educación Infantil): Presentarase unha creación que poida combinar imaxe (debuxo) e palabra ou texto en galego. Poderase crear unha historia para toda a clase ou pezas soltas (liberdade de enfoque) en formato A4.
  • Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
  • Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro escritos en galego.
1. Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
2. A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra "devagar".
3. Os traballos deberán ser entregados na biblioteca do centro ou á coordinadora do EDLG.
4. No texto presentado debe constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así como a categoría á que pertence.
5. O prazo límite para entregar os textos será o 22 de febreiro de 2016.
6. Cada centro escollerá dous finalistas por categoría e presentará os textos “corrixidos”, ordenados por categorías, con letra Arial, tamaño 12, interliñado 1.5, poñendo ao final de cada texto o nome da persoa participante, curso e centro escolar.

Categorías:
A:   Infantil (microcreación)
B. 1:     1º ciclo de primaria.
B. 2:     2º ciclo de primaria.
B. 3:     3º ciclo de primaria.
C:      Secundaria.
D:    Bacharelato.
E:      Profesorado, persoal non docente e familias.


Premios: 
Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus finalistas. 
Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría (en E. Infantil "Diploma" participativo a cada grupo). 
 Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria. 

Animádevos a participar !!
Un saúdo,
MIMI.