7 de novembro de 2016

Concurso de carteis do PDI

Desde a Biblioteca do cole queremos convocar o " Concurso de carteis" para o noso Proxecto Documental deste curso escolar. 
Lede con moita atención a carta coa convocatoria e ... Animádevos a participar!

Lembrade, o último día para a entrega é o 18 de novembro !

Espérovos na Biblioteca do cole.
Un saúdo.
MIMI

6 de novembro de 2016

Día da Ciencia en Galego na Biblioteca Escolar.

Para celebrar esta data no noso centro e tal como anticipamos nunha entrada anterior, recibimos na mañá do venres a visita de José Sanmartín (Tenente Alcalde e Concelleiro de Servizos e Obras ) para presentarnos o proxecto " Revitaliza. Plan Compost " promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra e no que colabora o Concello de Barro co seu Alcalde ( Xosé M. Fdez. Abraldes) como impulsor da compostaxe comunitaria.
Asistiron tamén, para darnos unha pequena charla, Suso Iglesias e Quique Pintos, mestres composteiros de Vilaboa e Barro respectivamente.
Agradecemos á asociación ecoloxista "Amigos da Terra" a súa colaboración co préstamo dos cartaces que ambientaron a xornada e que estarán expostos na biblioteca do centro durante dúas semanas.
Convidamos a ver o vídeo que resume este acto.



Un saúdo.
MIMI


5 de novembro de 2016

Semana da biblioteca "Semana do medo"

O pasado 24 de outubro celebramos no centro o Día das Bibliotecas e durante toda esa semana houbo unha morea de actividades para celebrar a Semana da Biblioteca cunha "Semana do medo"; Formación de usuarios, obradoiros, exposición e contacontos con esta temática. Incluso nalgúns grupos crearon e deron lectura aos seus "contos de medo".
Resumimos todo no vídeo que vos amosamos a continuación.



Un saúdo.
MIMI.

4 de novembro de 2016

Día da Ciencia en Galego na biblioteca


No día de hoxe en que se celebra o Día da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares a nosa mascota MIMI escribíu unha carta ás aulas para comunicarlles o inicio do noso Proxecto Documental.

Na mesma carta convidaba a todo o alumnado de Primaria a baixar ao ximnasio do centro para recibir a visita que daba inicio a este proxecto.

Podedes lela premendo na imaxe  na marxe esquerda.

Un saúdo.
MIMI.


Novembro, mes da Ciencia en galego na biblioteca.

O lema proposto este curso escolar pola Consellería de Cultura para as bibliotecas escolares galegas é "Biblioteca escolar, Territorio das Artes" e o cartel que o representa é a imaxe que acompaña esta entrada.

O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto escrito pola arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en apoio da presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.

Podes descargar o díptico das actividades nas Bibliotecas Públicas Galegas premendo aquí.


Un saúdo.
MIMI. 

1 de novembro de 2016

Celebración do Samaín.

Ao longo da semana realizáronse unha serie de actividades no noso centro para conmemorar o "Día da Biblioteca".
O punto final desta celebración tivo lugar o pasado Venres no ximnasio do centro donde nos reunimos en dúas quendas, primeiro o alumnado de Infantil e despois o alumnado de Primaria para interpretar as dúas cancións que preparamos con motivo do "Samaín"



Estivemos moi ocupados nestes días aprendendo a letra e a coreografía que o alumnado de 3º B creou para tal evento. Eles ( xunto co alumnado de 4º, 5º e 6º) foron os encargados de ensinala ao alumnado e Infantil. Trátase da canción composta por Jesús Pareja "Samaín".



Na clase de inglés preparamos tamén a canción "Knock, knock" de Supersimplesongs que bailamos ese mesmo día. Mirade a continuación como quedou.


Un grandísimo traballo!!  Noraboa a todos e todas!!
Un saúdo
MIMI.

30 de outubro de 2016

Voluntariado no Mes da Biblioteca.

Ao longo do mes de Outubro iniciamos a actividade co alumnado na nosa biblioteca.
En primeiro lugar foi o novo equipo de Axudantes de Biblioteca o que firmou o seu compromiso e por quendas está formándose para poder abrir as portas e comenzar co seu traballo habitual.
Ademais das explicacións da mestra encargada, os e as axudantes do curso anterior están colaborando na formación e integración d@s nov@s compañeir@s.
Colaboraron tamén para a creación de obradoiros, dos que amosamos os froitos neste vídeo resumo coa celebración da "Semana da Biblioteca" e do "Samaín"




Unha chea de traballo en favor da comunidade escolar!! 
Bravo por vós!!
Un saúdo.
MIMI.

26 de outubro de 2016

Resolución definitiva do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares (PLAMBE) 2016/17

O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro  pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e paraos incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos de funcionamento.

As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario" derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%, según as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos. 
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o total de centros integrados nesta Rede de Bibliotecas Escolares" que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.

Un saúdo,
MIMI

21 de outubro de 2016

Outubro, Mes da Biblioteca.

Este mes celebramos no colexio o mes da Biblioteca e concretamente o vindeiro luns, día 24 celébrase o Día das Bibliotecas.
A nosa mascota, MIMI, envía unha carta ás familias do noso alumnado para contarlles como o imos celebrar no noso centro. Ademais de enviala en papel, aquí vos deixamos a versión dixital da mesma.

Animádevos a participar!
Contamos co todos e todas vós!
Un saúdo,
MIMI.

13 de setembro de 2016

ROALD DAHL cumple 100 anos !

No día de hoxe celebramos no noso centro o Centenario deste ilustre escritor Británico nacido en Gales o 13 de Setembro de 1916 e finado en Oxford á edade de 74 anos (en 1990).
A nosa pequena homenaxe para Roald Dahl parte da Biblioteca coa proposta de dedicarlle a "Hora de ler" destes primeiros días de Setembro.
No día de hoxe todo o alumnado de Primaria deu comenzo á lectura das súas obras empregando fondos da nosa biblioteca.
Así en 1º e 2º cursos leron poemas de "Que asco de bichos" mentras que no 3º nivel optaron pola lectura da peculiar versión dos clásicos en "Cuentos en verso para niños perversos" facendo lecturas colectivas.
Nos cursos superiores optaron pola lectura individual empregando lotes de libros do "plan lector" cos títulos: "El superzorro" (4º), "Charlie y la fábrica de chocolate" (5º) e "Matilda" (6º).

Agardamos que gocedes da orixinalidade e do humor deste gran escritor e disfrutedes as obras que escollimos para vós.
Un saúdo.
MIMI.