Ao longo desta semana o profesorado estivo traballando na elaboración dun repositorio de recursos dixitais para ofrecer ao alumnado.
Non está completo, queda traballo por facer, pero adiantamos xa o panel base deste repositorio desde o que poderedes acceder aos distintos apartados do mesmo.
Na zona superior sombreada enlaza con paneis similares a este (que seguiremos completando) que conteñen:
- Recursos educativos e Apps (Tamén específicas de alumnado de NEAE )
- Arte e Música
- Cine e Lectura
- English
- Traballos Manuais e Deporte/Baile
- Xogos interactivos (Das distintas áreas curriculares e de desenvolvemento das Competencias)
Completan este panel outros recursos e aplicacións educativas.
Agardamos vos sexan de utilidade.
Ánimo a todos e todas!
#euquedonacasa