Que ben o pasamos onte no noso Magosto con xogos, cancións, bailes e a tradicional degustación de castañas, que estaban boísimas!!!
6 de novembro de 2021
MAGOSTO 2021
16 de outubro de 2021
VISITA DE POLO CORREO DO VENTO
10 de xullo de 2021
GRADUACIÓN E ENTREGA DE ORLAS 2021
O alumnado que rematou neste curso as etapas de Infantil e Primaria recibiu as súas correspondentes Orlas de Graduación, nuns actos que se desenvolveron sen a acostumada presenza familiar, por mor da situación sanitaria que nos tocou vivir.
Moitísimos Parabéns!!!
17 de xuño de 2021
AGASALLOS DE LÚA
16 de xuño de 2021
CONTOS PREMIADOS DE INFANTIL
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, visitou hoxe a Biblioteca do noso centro para facer entrega duns lotes de libros as aulas de 4º e 5º de Infantil como premio pola súa marabillosa participación no concurso "AS VERBAS QUE CONTAN" convocado polo Concello de Barro. As nenas e nenos recibiron, ademais, exemplares encadernados dos fermosos contos que crearon para o concurso.
Quedaron a mar de felices!!!
E que pouquiño durou o envoltorio das caixas!!!
U-LA LÚA?
Grandísimo pracer recibir no noso cole a Celtia Figueiras e a súa compañía de monicreques A Xanela do Maxín para presentar o marabilloso espectáculo "U-la Lúa?" que fixo as delicias do alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
Unha auténtica gozada!!!
Moitísimas grazas!!!
31 de maio de 2021
DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Hoxe, 31 de maio, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco. Con tal motivo, e no marco do proxecto de Prevención de Condutas Adictivas, compartimos o cartaz e o manifesto dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, co fin de sensibilizar sobre os riscos do tabaco e promover medidas eficaces de prevención e abandono do seu consumo.
22 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
21 de maio de 2021
CONTACONTOS ILUSTRADOS: "XELA ARIAS, LOITANDO POLA IGUALDADE"
Esta semana recibimos a visita de Kike Mauricio e Carlos Taboada, do colectivo Polo Correo do Vento, para realizar co alumnado de Primaria contacontos ilustrados centrados na figura de Xela Arias, poeta e docente referente na loita pola igualdade, pertencente ao colectivo da "Festa da Palabra Silenciada" e homenaxeada este ano 2021 co Día das Letras Galegas.
A actividade está promovida polo departamento de Asuntos Sociais do Concello de Barro e enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co obxecto de pór en valor o papel da muller na sociedade e a necesidade imperiosa de fomentar unha educación en igualdade plena e real.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
15 de maio de 2021
A FAMILIA, MÁIS QUE UN TEITO!
Hoxe, 15 de maio, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Familia para crear conciencia sobre o papel fundamental que ten na educación das crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, compartimos unha interesante GUÍA PARA FAMILIAS creada por Julia Búa Núñez (Técnica de Prevención das Condutas Adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas), na que atoparedes información básica sobre a prevención de condutas adictivas dende o ámbito familiar, principal axente de socialización.
Guía Familias Prevención Condutas Adictivas by Amor_Ruibal on Scribd
















