15 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023: 2º MANDADO DE MIMI

Que ben cumpriron as nosas nenas e nenos o segundo mandado de MIMI!

Moitísimas grazas, familias, pola vosa implicación!!!

14 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023: 1º MANDADO DE MIMI

Hoxe arrancou no CEIP Amor Ruibal a celebración do Entroido que vén marcado, un ano máis, polos mandados de MIMI, a mascota da nosa Biblioteca.

Como ben podedes ver, o mandado deste martes foi cumprimentado con moi boas artes.

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!


30 de xaneiro de 2023

A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o Día Internacional da Non Violencia e da Paz máis o Día da Ilustración. Con tal motivo, desenvolvemos no centro diversas actividades de investigación, lectoescritura, oralidade, musicais e plásticas sobre o tema, utilizando recursos e soportes variados, coa creación e recreación de poemas, cancións, lemas, bailes, carteis e murais ilustrados con símbolos pacíficos.


"Verdade que sería estupendo

que as espadas foran un pau da baralla.

Que o escudo, unha moeda portuguesa

e un tanque, unha xerra grande de cervexa [...]"

(canción de Cómplices)


26 de xaneiro de 2023

Emociónate coa radio, CEIP Amor Ruibal

Neste mes de xaneiro cumplíronse 90 anos da emisión do 1º programa de radio en Galicia. Para conmemorar esta data xurde o Proxecto Radioemociónate, idea de Si Radio de Galicia e a Asociación Ondiñas de Radio, apoiada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

No mes de novembro puidemos coñecer máis sobre este Proxecto coa magnífica exposición que estivo montada na Biblioteca do noso centro.

Nesas datas tamén se realizou a gravación do programa de radio na Biblioteca do noso centro e no que participou alumnado de 6º curso de Infantil e de 6º curso de Primaria.

Contamos ademais con varias colaboracións:

  1. Xosé Manuel F. Abraldes, alcalde de Barro.
  2. Pilar Álvarez, responsable da OMIX de Barro.
  3. Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.
  4. José Mª Tobío, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra e Morrazo.

A continuación, podedes escoitar o noso programa en Spotify:

Ou tamén podedes acceder ao noso programa e outros do mesmo Proxecto premendo no seguinte enlace:  Radioemociónate - CEIP Amor Ruibal


Moitísimas grazas por ofrecernos a participación 

nesta iniciativa tan interesante!!!

Moitísimas grazas a todas as persoas colaboradoras!!!


19 de xaneiro de 2023

RECICLAMOS CON PILABOT

Esta semana comezamos, un curso máis, a nosa participación no concurso PILABOT, de pilas, baterías e acumuladores, convocado pola Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, Ecolec e ERP.

O concurso vai dirixido ao alumnado de Primaria (o alumnado de Infantil non pode traer pilas nas súas mochilas), mais animamos a participar a toda a comunidade educativa no proxecto co fin de preservar o noso fermoso medioambiente.

 


Moitísimas grazas!!!

24 de decembro de 2022

RESOLUCIÓN DO XXII CONCURSO DE POSTAIS

O Concello de Barro ao través da OMIX vén de publicar a resolución do XXII Concurso de Postais de Nadal, que contou cunha grandísima participación.

As postais gañadoras de alumnado do noso centro son as seguintes:


Moitísimas grazas pola fantástica participación!!!


Moitísimos Parabéns!!!

A entrega de agasallos terá lugar o xoves 5 de xaneiro na Nave da Música do Concello.

MOI BOAS FESTAS!!!

FELIZ 2023!!!



23 de decembro de 2022

VISITA DE PAPÁ NOEL

As crianzas de Infantil recibiron emocionadísimas a Papá Noel, que veu cargadiño de regalos pola súa fantástica participación no tradicional Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello de Barro ao través da OMIX.

Moitísimos Parabéns!!!


Moitísimas Grazas!!!


22 de decembro de 2022

NADAL 2022

Ambientazo de Nadal no CEIP Amor Ruibal.



18 de decembro de 2022

CARTAS SOLIDARIAS

Emotivas e agarimosas cartas e felicitacións de Nadal de alumnado de 1º, 4º, 5º e 6º de Primaria dirixidas ás persoas maiores da Residencia de Campolongo de Pontevedra, como solidaria resposta á petición do seu director para paliar a soidade destas persoas que, en moitos casos, non reciben visitas e pasarán o Nadal no centro.



3 de decembro de 2022

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema proposto pola ONU para este ano 2022 é "Innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo". E, para traballar sobre este tema, o Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou unha infografía con interesantes recursos que podedes atopar premendo aquí.